• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Dani Piñeiro

Dani Piñeiro é un artista pontevedrés residente en Barcelona que comezou a súa traxectoria musical en 2021 aínda que foi a clases de canto dende os 6 anos. Inicialmente ligado ao rap e a unha escrita de carácter íntimo e reflexivo, co paso do tempo o seu son foi evolucionando cara a unha proposta máis melódica, na que conviven o pop, a música urbana e a canción de autor. As súas letras, escritas percorren temas como o amor, o desamor, a memoria, a identidade e a procura dun lugar propio.

En 2026 publicou o seu primeiro álbum, «Cartas al Pasado», un traballo de once cancións que funciona como peche dunha etapa persoal e artística. A partir deste lanzamento iniciou a creación de «Nova Sison», un novo proxecto concibido arredor das catro estacións do ano e formado por catro cancións: «Non podo queixarme», «LA ISLA», «ENGANCHADO AOS TEUS BICOS <3» e «qué oras son meu corasón?».

Nesta nova etapa, Dani Piñeiro aposta por unha sonoridade máis aberta, emocional e contemporánea, sen abandonar o coidado pola palabra que marcou os seus primeiros temas. O seu obxectivo é construír unha identidade propia entre as súas raíces galegas e a súa vida actual en Barcelona, conectando co público mediante cancións honestas, próximas e recoñecibles mesturando os dous idiomas.

Contratación

Daniel Piñeiro
615 482 101
danipibar@gmail.com

Discografía

CARTAS AL PASADO

DANI PIÑEIRO

2026,

Vídeos

VOLTAR SEMPRE (1.100 KM)

DANI PIÑEIRO

ES COMPLICADO

DANI PIÑEIRO

LLEVARTE A LA LUNA

DANI PIÑEIRO

SALGO A BUSCARTE

DANI PIÑEIRO

LA ANSIEDAD

DANI PIÑEIRO

Tal vez tamén che gusten