• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Anxo Lorenzo

Na súa ampla traxectoria musical como gaiteiro, Anxo Lorenzo participou en gravacións e concertos colaborando con grandes artistas e bandas folk de primeiro nivel como Kathryn Tickell, Carlos Núñez, Lúnasa, The Chieftains, Fred Morrison, Michael McGoldrick, Alisdair Fraser, Celtas Cortos.... e coa súa banda ou trío subíu aos escenarios dos festivais máis importantes do mundo celta europeos como Celtic Connections, Lorient, Ortigueira, Intercéltico do Morrazo, Pardiñas ou Piping Live, conseguindo sempre boas críticas tanto do público asistente como dos artistas folk e tradicionais.

O cuarto disco do gaiteiro moañés, “Vortex” (2018) remite a “unha transición dun mundo musical máis acústico a outro máis electrónico”. Gravado entre Galicia, Irlanda e Escocia, conta con colaboracións moi especiais, como Jarlath Henderson, Germán Diaz e Eoghan Neff, e segue a liña de experimentación acústica dos seus últimos traballos, “Tirán” (2009) e “Confuxon” (2014).

En “Vortex” escoitamos novas composicións e arranxos sorprendentes onde Anxo volve a exprimir as posibilidades da gaita galega e os whistles co seu peculiar estilo buscando novos sons, ritmos e fusións xunto ao fantástico violinista irlandés Eoghan Neff. Ademais, no seu novo espectáculo, incluirá algunhas colaboracións destacadas nun directo contundente cheo de momentos musicais máxicos e únicos acompañado pola súa banda: Xosé Liz (bouzuki), Roi Adrio (percusión), Jorge Juncal (teclados, baixo) e o violinista irlandés Eoghan Neff.

Contratación

Mirmidón Producciones
Maruchy Suárez
(+34) 667 706 241
maruchy@mirmidon.es

Discografía

Vortex

ANXO LORENZO

2018, Anxo Lorenzo

Confuxon

ANXO LORENZO

2014, Zouma Records

Tirán

ANXO LORENZO

2009, Zouma Records

Spiritu 986

ANXO LORENZO, CARLOS MARIÑO, PEDRO GONZÁLEZ

2001, Zouma Records

Vídeos

Road to Errogie (Live in Lorient 2018)

ANXO LORENZO

Gaitarra (Live on BBC ALBA Glasgow)

ANXO LORENZO

Suite Reels (Live on BBC)

ANXO LORENZO

The Antrim Rose

ANXO LORENZO

Road to Errogie

ANXO LORENZO

L'Orient Express

ANXO LORENZO

Tal vez tamén che gusten