Nadadora volveu. Quince anos despois do lanzamento de “Luz, Oscuridad, Luz” (Ernie Records, 2010), Nadadora regresa co espírito intacto, reafirmando o seu lugar como unha das bandas máis persoais e emocionais do panorama independente nacional.Os EP “Aventuras dentro de cajas” (2004, reeditado en 2025) e “La química que nos une “(2008), así como os álbums “Todo el frío del mundo” (2005) e “Hablaremos del miedo” (2007) completan, ata a data, a súa discografía. Nesta nova etapa, Ernie Records acompaña ao grupo no lanzamento dun novo traballo: “Mañana y Siempre” (2025).Este regreso non é unha volta nostálxica, senón unha declaración de intencións: madurez creativa, identidade sonora e unha renovada pulsión por explorar as marxes emocionais da música. As cancións deste novo traballo soan a reencontro e a descubrimento, son cancións que falan de comezos, de perdas, de permanencias e ausencias, de cousas que talvez non duren… pero que algunha vez foron todo. Á vez próximas e expansivas, capturan a esencia do que sempre foi Nadadora: unha voz propia, inconfundible e honesta.
Contratación
Ernie RecordsJosiño Carballo 986 76 74 19 info@ernierecords.com
