• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nani García Trío

Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis aló dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonde tanto no son das pezas como na execución instrumental.

O repertorio de Nani García Trío é unha mestura de antigos temas, retallos de bandas sonoras e outras composicións de Nani reformuladas en clave de jazz, así como pezas totalmente novas. Todo coa firma inconfundible do propio Nani García, unha das figuras máis destacadas da música galega e española, como compositor, intérprete, arranxista e produtor de todo tipo de formatos e xéneros contemporáneos e de vangarda.

Amais do piano de Nani, o trío complétase co contrabaixo de Simón García e a batería de Miguel Cabana, dous mestres nos seus respectivos instrumentos recoñecidos a nivel internacional.

Contratación

Giuliana Cesarini
(+34) 920 254 990 - (+34) 616 951 341
info@giulianacesariniproart.com

Discografía

Cinematojazzía

NANI GARCÍA TRÍO

2016, Xingra.com

Serendipia

NANI GARCÍA TRÍO

2014, Xingra.com/Karonte

Renaissance

NANI GARCÍA TRIO

2012, Xingra

Vídeos

Power to the people

NANI GARCÍA TRÍO

Nenos nas rochas

NANI GARCÍA TRIO

Tal vez tamén che gusten