• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Cochè Vil PRO

Na miña primeira banda mesturabamos folk-rock psicodélico co nome de Biosbardos; foi unha boa experiencia.

Interesado por outras músicas e polo rock, editei baixo o nome de BIOS e xunto con Maxo Nóvoa “Interior Sounds”, de ambiente electrónico. "The Dark Journey" apareceu como o primeiro corte do CD incluído na revista inglesa Sequences e tamén no CD "Electronic Spanish Music Vol. 1" do selo Lightnet Music.

Con Maxo Nóvoa fixen tamén a banda sonora do vídeo "Peregrinos" para Canal+, ademais da do longo "Nena" de Xavier Bermúdez. As bandas sonoras de "León y Olvido", "Rafael", "Un axuste de contas” e "Unha historia para Olivia”, entre outras, tamén son obras miñas, así como a última, “Olvido y León”.

Ao mesmo tempo, durante todos estes anos estiven a colaborar en diferentes grupos musicais máis ou menos coñecidos. En 2016 presentei o álbum "ai’dias", que agora ando a refacer e, hai uns cantos meses, publiquei "Invincible" (2020), tamén en vinilo, coa colaboración especial de Fernando Jaramillo na batería e Leonel Silva na voz.

Discografía

Invincible

COCHÈ VIL

2020, Luminol Records

Vídeos

When Time Comes

COCHÉ VIL

Ribeira Sacra

COCHÉ VIL

Tal vez tamén che gusten