• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Luis Peixoto & Fernando Barroso

O portugués afincado en Galicia Luís Peixoto e o galego Fernando Barroso volven traballar xuntos na creación deste novo proxecto discográfico chamado “Pop”.

“Pop” é o primeiro disco en común de Fernando Barroso e Luís Peixoto como dúo. Este novidoso proxecto afástase un pouco do estritamente tradicional para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Diversos instrumentos e ritmos compoñen os 16 temas desta nova proposta musical que vai desde as influencias de antigos trobadores ata a música dos anos 80 ou da actualidade.

O coidado do procedemento así como os múltiples instrumentos que ambos os dous músicos tocan, tales como bouzouki irlandés, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, guitarras acústica, eléctrica, clásica, pandeiro, pandeireta, voces, asubíos, sintetizadores, etc… fan deste traballo unha mostra moi interesante de timbres e sonoridades.

Contratación

Mada Producións
Inés Portela Barreiro
(+34) 690 195 217
inesportela@madapro.gal

Discografía

Pop

FERNANDO BARROSO & LUIS PEIXOTO

2012, Produccións do Cuarto Baleiro

Vídeos

Cotobade Resort

LUIS PEIXOTO & FERNANDO BARROSO

Hemisferio esquerdo

FERNANDO BARROSO & LUIS PEIXOTO

Calçada da Serra

FERNANDO BARROSO & LUIS PEIXOTO

Tal vez tamén che gusten