• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Willie & Winnie

Willie & Winnie é un grupo cunha traxectoria corta, pero intensa. Contan xa con dous traballos, “Premonition” (2015) e “Dream For Winter” (2016), ambos baixo o nome de Kozmic Blues. Recentemente cambiaron o seu nome a Willie & Winnie, escollido con especial coidado e agarimo. Trátase de dúas personaxes de “Os días felices” (Samuel Beckett, 1961) e fixéronos seus porque expresan moi ben parte do carácter da súa música e o seu sentimento en canto á vida.

Elise Denise (voz) e Andy Bill (guitarra, voz) conforman este dúo que, ademais, conta con banda (baixo, batería e saxo), se a ocasión así o require. Influenciados polo jazz, o blues, o folk ou o rock, Willie & Winnie insisten en aclarar que non se encadran en ningún deses estilos, que procuran un son propio, auténtico e puro; persoal, porque se houbese que poñerlle una etiqueta ao que fan sería esa, persoal. A literatura, o cine, mesmo a pintura, xoga un papel imprescindible para eles; sen a pintura, sen o cin, sen a literatura, non serían eles, non serían Willie & Winnie.

Actualmente, veñen de lanzar o seu terceiro disco gravado en Abrigueiro Estudios, o primeiro como Willie & Winnie, moito máis maduro e elaborado cun son traballo despois de todos estos anos, recuberto dunha escuridade que non deixa de crecer, potente e á vez, dalgún xeito, sofisticado. Contaron ademais coa colaboración dalgúns dos mellores músicos de Galicia para algúns temas deste novo álbum e con Arturo Vaquero como coprodutor do mesmo.

Contratación

Willie & Winnie
696 855 986
willienwinnie@gmail.com

Discografía

You & I

WILLIE & WINNIE

2020, Willie & Winnie

Dream for Winter

KOZMIC BLUES

2016, Kozmic Blues

Premonition

KOZMIC BLUES

2015, Kozmic Blues

Vídeos

Hotel Blues

WILLIE & WINNIE

We fall down

WILLIE & WINNIE

If I Were a Carpenter

WILLIE & WINNIE

Dry Leaves

KOZMIC BLUES

Flowers in My Head

KOZMIC BLUES

Blue Shadow

KOZMIC BLUES

Tal vez tamén che gusten