• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Orlando Dees

Orlando Díaz é un músico de orixe galega que, tras tocar a batería en diferentes grupos de España e Alemaña, trasládase a Berlín para desenvolver finalmente o seu propio proxecto. Xunto á composición de letras pouco convencionais, caracterízase por unha voz ondeante acompañada de guitarra española.

No outono de 2016 grava a súa primeira maqueta “Los Monstruos del Lago”, en Berlín, mentres comeza a substituír os escenarios da capital alemá por Madrid.

En 2017 publica o seu segundo traballo, un EP de tres cancións con instrumentación, “Karlova”, á vez que coñece a Tomasito García (multiinstrumentista) e Carlos Pérez (guitarra solista), quen conforman a súa banda.

En abril de 2019, despois de dar varios concertos, publica un novo traballo de estudo, “Abierto toda la noche”, que pon fin ao seu periplo na capital; e, en novembro, Orlando reaparece en solitario por vez primeira en moito tempo, para despedir o ano cun concerto en Barcelona xunto a outros dous grupos locais.

A un longo ano de transición e incerteza tanto persoal como musical, ségueno un concerto en streaming, en plena pandemia e desde un recuncho de Seattle, co país axitado polos asasinatos da policía a cidadáns americanos negros, desarmados.

O traballo e posterior publicación de “Origami”; un EP de dúas cancións gravado a pleno rendemento, durante un confinamento necesario tras a volta de USA.

Polo de agora, non se presenta máis nada que o presente que, dadas as circunstancias, non é pouco...

Contratación

Orlando Díaz Donado
680 106 604
info@orlandodees.com

Discografía

Arcadia

ORLANDO DEES

2022,

Origami

ORLANDO DEES

2020, Orlando Dees

Abierto Toda La Noche

ORLANDO DEES

2019, Orlando Dees

Karlova

ORLANDO DEES

2017, Orlando Dees

Los Monstruos del Lago

ORLANDO DEES

2016, Orlando Dees

Vídeos

La Mirona

ORLANDO DEES

Beber Con Sed

ORLANDO DEES

Something In The Way (Nirvana Cover)

ORLANDO DEES

Amigos En El Musgo

ORLANDO DEES

Licor Café (BMVA)

ORLANDO DEES

Tal vez tamén che gusten