Vídeos
Neno
EXERIA
"Neno" foi publicado no Ep "Sobre a independencia" en Marzo de 2024 e fálanos sobre unha persoa cuxos demos persoais son incontrolables, incompatibles con valores como a lealdade, a amizade, o cariño. E difícil cando tratamos con xente así, e moito mais se temos aprecio por eles. As guitarras acústicas e o son envolvente dos sintetizadores lévannos da man, contando a historia con crueza e pouco a pouco van misturándose coa letra, ata chegar ao retrouso catártico, onde toca sincerarnos. As verdades poden doer moito.O videoclip de "Neno" esta dirixido por Wences Lamas, artista que xa traballou coa banda en Un novo nome, o seu primeiro videoclip.Descríbese el mesmo:Gústanme moito as pontes. O meu traballo consiste en tendelas. Hai algo moi autista en min que se desenvolve na plástica e na escrita, que intento mesturar coa xente que se ve máis nos rituais, acontecementos, música e vídeos. Unha vocación de crear maionesa entre un cura gnóstico e un artista contemporáneo, entre un exhibicionista das súas propias feridas e un xardineiro de pequenas recreacións paradisíacas.No que respecta ao audiovisual dirixín uns 40 videoclips, moita videoarte, algunhas películas secretas e máis de 200 titoriais. Traballo con poucos recursos e procuro que os meus técnicos e actores sexan familiares ou se convertan en familia.
Máis vídeos de Exeria