Vídeos
Moderado, moderado
EXERIA
Moitas veces interiorizamos tanto un discurso que perdemos de vista a nosa mentalidade crítica. Repetimos as mesmas ideas unha e outra vez, fixas e inamovibles. Non escoitamos o que outros queren dicir. Usamos termos e conceptos baleiros, moitas veces, para describir unha realidade que non é a nosa. Disto fala Exeria no seu novo tema "Moderado, moderado". A banda de O Condado tráenos outro tema para abrir debate, desta vez dende un punto de vista acústico, moito máis calmado que gran parte do seu repertorio. O seu rock con esencia noventera soa aquí a través dunha acústica de 12 cordas e unha trompa, un sintetizador e a súa clásica base rítmica.
Máis vídeos de Exeria