
Nos tempos nos que a música feita cun ordenador marca as modas, Exeria é unha banda de namorados da distorsión e as grandes melodías. Está formada por músicos que dan renda solta ao seus temas sen “corsés” estilísticos. Apostan por traballar en galego como un xeito de expresarse.En 2021 comezan a traballar nos temas, compostos por Martín Alfaya principalmente, e recibindo as influencias que cada un traía baixo o brazo. Métense no estudio a rexistrar “Un novo nome” e “Ata que sexamos reis”, primeiros sinxelos que estarán acompañados de cadanseu videoclip. As actuacións proseguen e o seguinte ano gañan o concurso de bandas do Trece Roeis Fest nunha final ao vivo.Uns meses máis tarde foron escollidos para formar parte das “Sesións de Sobremesa", un formato acústico e en directo ao estilo NPR Tiny Desk e composto por dúas cancións inéditas. A contundencia da batería vese substituída pola sutileza das percusións, as guitarras acústicas e as harmonías. Este traballo lévaos a reinterpretar as súas cancións noutro formato.O seu primeiro traballo é “Sobre a independencia” (2024) no que alternan temas experimentais ou ambientais con retrousos épicos. Este traballo vén acompañado de vídeos para os temas “A Costa de Frades” e “Neno”. Na xira darán máis de 20 concertos por toda Galicia. O plan e seguir editando sinxelos e compartir os seus temas co público, alternando formato acústico e eléctrico, decibelios e sensibilidade, metáfora propia da súa música.
Contratación
TOXO VERDEJose +34 610 47 03 68 management@toxoverde.gal