THE RAPANTS, CARLOS ARES E CEPEDA POÑEN O ACENTO GALEGO Á GALA DOS XVII PREMIOS MIN

O Gran Teatro Caixabank Príncipe Pío de Madrid acolleu onte á noite a gala dos XVII Premios MIN, presentada por Paula Vázquez. Unha cerimonia chea de ilusión, visibilidade e reinvindicación que se desenvolveu sen maiores incidencias, malia o fallo eléctrico do día anterior. Álcala Norte coroouse como gran gañador da noite, levándose catro dos cinco nomeamentos: Mellor Artista Emerxente, Mejor Álbum de Rock, Canción do Ano e Álbum do Ano.
De entre os 13 proxectos galegos finalistas, ou con algún galego implicado, tres deles trouxeron o premio para casa. Carlos Ares, quen tamén actuou na gala, foi galardoado co Mellor Álbum de Pop por Peregrino, mentres que o Mellor Álbum en Galego desta edición recaeu en La Máquina del Buen Rollo de The Rapants, grupo da plataforma. Finalmente, Cepeda foi quen se alzou co Premio do Público por Contradicción.
Carlos Ares
Álbum de Pop (Peregrino)
The Rapants
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (03/04/23)
Álbum en Galego (La máquina del buen rollo)
Cepeda
Premio do Público (Contradicción)