FINALISTAS GALEGOS DOS PREMIOS MIN 2026
Xa se coñecen os nomeados aos Premios MIN 2026 en cada unha das categorías. Entre os galegos, Carlos Ares lidera a listaxe con seis nomeamentos (entre eles o de Mellor Álbum do Ano, e Álbum de Pop e Artista Emerxente); séguenlle con dúas candidaturas, Grande Amore, María Toro e Baiuca; e con unha, A banda da Loba, De Ninghures e Faia, ademais de Guillermo Castro no apartado de Deseño Gráfico por Mañana y Sempre de Nadadora.
Xa, a nivel xeral, volvemos atopar a Carlos Ares encabezando a lista de nomeados xunto á canaria Valeria Castro tamén é candidata en seis categorías; pola súa banda Repion e Rufus T. Firefly cuentan con cinco nominaciones; e Sanguijuelas del Guadiana e Zahara, con catro.
Os gañadores coñeceranse durante a gala de entrega dos galardóns que se celebrará o 25 de marzo no Gran Teatro de Córdoba.
Estes son os finalistas galegos:
Carlos Ares
Álbum do Ano por La boca del lobo · Canción do Ano por “Días de perros” · Artista Emerxente · Directo por Carlos Ares Sonorama Ribera Plaza del Trigo · Álbum de Pop por La boca del lobo · Produción Musical por La boca del lobo
Grande Amore
Álbum de Rock por III · Álbum en Galego, por III
María Toro
Álbum de Jazz por Mestura · Álbum en Galego por Mestura
Baiuca
Gravación de Electrónica, por Xorieri, de Baiuca & Izaro con Oreka Tx · Produción Musical por Xorieri, de Baiuca & Izaro con Oreka Tx
A banda da Loba
Álbum en Galego por Lovismo
De Ninghures
Álbum en Galego por Feira
Faia Díaz
Álbum en Galego por Alvela
Nadadora
Deseño Gráfico de Guillermo Arias por Mañana y siempre


