• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
ÁLVARO IGLESIAS

Formou parte de bandas coma Tres (94-96), grupo de folk-rock formado por antigos compoñentes de Matto Congrio, no que realizou os seus primeiros concertos; Carlos Núñez (97-98), con quen colaborou en varios concertos nacionais e internacionais durante a presentación do seu primeiro disco "A Irmandade das estrelas"; Pancho Álvarez (1997), ao que adoita acompañar habitualmente tanto nos seus concertos coma na maioría dos seus traballos discográficos; Faltriqueira (03-05), grupo do que formou parte como contrabaixista e percusionista durante a xira do seu primeiro traballo; ou o gaiteiro Anxo Lorenzo (07-14). Con todos eles participou ao longo de xa máis de 20anos de carreira en numerosos festivais do máis alto nivel internacional.

Entre os seus traballos máis destacados figuran gravacións, composicións ou colaboracións en máis dunha vintena de discos e documentais para TVG ou Discovery Channel.

Actualmente, compaxina formar parte e colaborar con bandas coma Aran (2000), Entre Trastes (2006), Ardentía (2007), SonDeSeu (2007), ou Rodrigo Romaní (2015), entre outros, con ser produtor, compositor, arranxista e freelance en gravacións de estudo ou colaboracións en directo con distintos artistas e bandas do panorama musical nacional e internacional.

“Alma” (Zouma Records, 2018) é o seu primeiro traballo discográfico en solitario e tamén o primeiro disco na historia da música celta no que o instrumento solista é un contrabaixo, onde executa melodías e composicións propias baseadas sempre na música tradicional galega.

Contratación

ZOUMA RECORDS
Carlos Barandela
+34 988 240 248
info@zoumarecords.com

Discografía

Alma

ÁLVARO IGLESIAS

2018, Zouma Records

Vídeos

Polcas

ÁLVARO IGLESIAS

Tal vez tamén che gusten