• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Luis Vallecillo

Luis Vallecillo, compositor, músico e titiriteiro, así como Técnico en Animación Sociocultural e socio fundador da compañía A Xanela do Maxín.

En 2012 comeza a miña andaina en solitario neste novo proxecto e a día de hoxe conta coas seguintes creacións: "Cantamos un Conto?" (2012), “O Bigote de Mimí"(2016) e "O Mundo de Carliños" (2017).

O 1 de outubro de 2018, Vallecillo presentou o seu primeiro libro-disco, "Cantamos?" (2018).

Na compañía que dirixe xunto con Celtia Figueiras, A Xanela do Maxín, é tamén autor e produtor de catro pezas para títeres: “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres: “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuítos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina), Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros.

Por outra banda, produciu á vez que interpretou os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor da música que se representa en directo, ao igual que en “O Murmurio do Mar”.

Contratación

Luis Vallecillo
606 647 213
contacto@luisvallecillo.net

Discografía

Cantamos?

LUIS VALLECILLO

2018, Guindastre Edicións

Vídeos

O Apalpador! (Videoclip karaoke)

LUIS VALLECILLO

Xogos Populares (Videoclip karaoke)

LUIS VALLECILLO

Promo

LUIS VALLECILLO

Tal vez tamén che gusten