Comeza os seus estudos de piano aos cinco anos coa súa nai, María Keilin. Aos oito, o seu pai, Iliá Keilin, iníciano no violoncello. En 2014 e 2015 participa no Concurso de Violoncello da Cidade de Vigo e gaña os dous premios na categoría de ata doce anos.Desde 2012 ata 2018 é membro da Orquestra de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia, sendo o principal de violoncello nos últimos anos.En 2019 remata o Conservatorio Profesional nas especialidades de Piano e Violoncello. En 2023 obtén o Título Superior de Violoncello —estudando só co seu pai— e en 2025 remata a carreira de Piano.Tamén compón música propia, sendo membro activo da Asociación Galega de Compositores; o seu ciclo «7 cantigas de Martin Códax» foi galardoado coa súa publicación polo Consello da Cultura Galega en 2024.
Contratación
Arsenio Keilin 658 549 491 - 609 816 872 keilinmusic@gmail.com
