• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Gancho Sanches

Gancho Sanches é unha banda formada a finais de 2014 en Barcelona por tres músicos galegos: Brais Sánchez (Espiño, Momboi), Matías Unruh (Telephones Rouges) e Iván Olmedo (Le Cûl).

En xuño de 2016 lanzan o seu primeiro traballo, “Psicofonía Bolborítica”, no que amosan xa as súas principais características: temas que mesturan a suavidade e a tímbrica dunha guitarra acústica sutilmente acompañada por guitarra eléctrica e batería, para acabar de xeito agresivo nun triángulo de forzas cos tres instrumentos. En xullo de 2018 gravan en vídeo tres cancións ao vivo nos Bungalow Estudios de Santiago de Compostela, publicadas como EP en plataformas dixitais. Para este proxecto contan coa axuda de André Espiñeira (Phantom Mollo) á guitarra eléctrica, teclados e coros, unha frutífera colaboración que rematará coa incorporación deste músico á formación.

A partires de aí, comezan o proceso de preprodución do seu primeiro longo, titulado “Zaquín”, que se estrea en febreiro de 2020; un proceso longo, de moito traballo a distancia, que culminará con varias sesións de gravación —en Abrigueiro Estudios,no local de ensaio e nas súas propias casas— ata dar co resultado definitivo. “Zaquín” (2020) mantén o son pop intimista da banda, pero tamén conta con coidados arranxos que amplían a súa paleta sonora a terreos máis épicos e frenéticos por momentos. O LP está dispoñible en plataformas dixitais, así como nunha coidada edición en CD e vinilo.

Contratación

Iván Olmedo
618 126 623
ganchosanches@gmail.com

Discografía

Zaquín

GANCHO SANCHES

2020,

Ao Vivo en Bugalow Estudio

GANCHO SANCHES

2019,

Psicofonía Bolborítica

GANCHO SANCHES

2016,

Vídeos

Nas Veigas (Versión a distancia)

GANCHO SANCHES

Encontro (Ao vivo en Bungalow Estudio)

GANCHO SANCHES

Estrela (Ao vivo en Bugalow Estudio)

GANCHO SANCHES

Tal vez tamén che gusten