• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Grampoder

Grampoder son Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall como no vestíbulo dun piso de protección oficial. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, tendas de discos, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario.

“Golf Whiskey”, o seu primeiro disco, gravouse en febreiro de 2013 no estudo A Ponte (Santiago de Compostela) por Tomás Ageitos; do máster encargouse Dr. Chou. O disco inclúe doce cancións que envolven en melodía, psicodelia, folk e tropicalismo unhas letras rabiosas e desencantadas.

Contratación

Grampoder
Martiño Suárez Fraga / Ana Triñanes
(+34) 686 976 139 - (+34) 678 034 593
grampoder@gmail.com

Discografía

Tigerland

GRAMPODER

2015, Discos da Máquina

Golf Whiskey

GRAMPODER

2013, Discos da Máquina

Vídeos

Porcos

GRAMPODER

Tal vez tamén che gusten