• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
TERROR ERÓTICO

Terror Erótico Adolescente é unha banda de Chantada (Lugo) de electrónica de baile, na que se fusionan pop con estilos como techno, punk, electro, noise... Baixos atenuantes, sintetizadores agresivos, guitarras dixitalizadas que acompañan potentes beats de caixas de ritmos, letras críticas e toques de humor.

En 2017, Dani (voz, guitarra, sintetizadores), Alejandro (baixo) e Ángel (bases, sintetizadores) conforman o trío actual. Ao ano seguinte gravan “Freak Out” en Abrigueiro con Arturo Vaqueiro, traballo que sae en dixital e CD. En 2019 publicaron varios remixes e, en 2020, sacan o single-clip “Terroristas”. Tras o parón da pandemia, TEA é parte dos festivais FaCeLa Fest, FiCH e RIBELA Love&Nature.

En 2023, con case dez anos como grupo, deciden abandonar o «adolescente» como parte do nome artístico, quedando como Terror Erótico e fichando por Disctrl. Póñense a gravar, compoñer e producir o seu primeiro álbum de estudo, “Vorágine”, contando con Jahel Piñeiro de 8 Estudos para a masterización do disco, que só sae en plataformas dixitais en maio de 2024. Un non parar de bailar...!

Contratación

Alejandro - Daniel
647 168 141 - 605 037 470
terroreroticoadolescente@gmail.com

Discografía

Vorágine

TERROR ERÓTICO

2024, Disctrl

Terroristas

TERROR ERÓTICO ADOLESCENTE

2020, Autoeditado

Freak Out

TERROR ERÓTICO ADOLESCENTE

2019, Autoeditado

Remixes

TERROR ERÓTICO ADOLESCENTE

2019, Autoeditado

Fillo da Droga

TERROR ERÓTICO ADOLESCENTE

2018, Autoeditado

Vídeos

Terroristas

TERROR ERÓTICO ADOLESCENTE

Tal vez tamén che gusten