• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Espejos y Diamantes

Espejos y Diamantes é un dúo synth-pop elegante e emocional formado por Carlota e Joaquín, o 50 % de Carrero Bianco. O selo ferrolán Ferror Records é o encargado de presentar a súa primeira referencia, “Espejos y Diamantes” (Ferror Records, 2017), unha apaixonante inmersión nun universo persoal e intransferible cheo de mozos refinados, bellísimas en desorde, vaguistas vangardistas, aventuras neoiorquinas, Andy Warhol, Pitita Ridruejo, Maruja Mallo, Ana Obregón e Piel Divina.

Synth-pop sofisticado con cadencia new wave old school polo que planea a melancolía bohemia de Grado 33 e Carlos Berlanga en “Todo lo que está sonando”; a parte máis emocional de Fangoria e Depeche Mode en “Bellíssima en desorden” ou “Fetiche”; e techno-pop para discotecas vellas cheo de nostalxia en “Días de lluvia techno-pop y Morrissey”. Programacións realmente efectivas que conseguen atopar a profundidade a través da sinxeleza.

Espejos y Diamantes presenta unha brillante colección de cancións cargada de emocións mirando aos ollos do pop para atopar a beleza máis salvaxe.

Contratación

Ferror Records
Sergio Peck
667 264 325
ferrorrecords@gmail.com

Discografía

Espejos y Diamantes

ESPEJOS Y DIAMANTES

2017, Ferror Records

Vídeos

Del Vaguismo al Vanguardismo

ESPEJOS Y DIAMANTES

Tal vez tamén che gusten