• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ukestra do Medio

A Ukestra do Medio é un grupo de ukuleles que nace en Compostela en 2013 facendo versións de temas de diferentes estilos musicais. En 2017 editan “em princípio...” e, en 2020, publican “Outras lérias”, un disco que conta por primeira vez con cancións propias, todas elas en galego. En 2022, a Ukestra lanza “Histórias cativas” e afianza a súa aposta polas composicións do grupo.

O traballo, gravado nos Estudos Potemkin e editado por Ukelixo, mantén dous dos sinais de identidade da banda: o son característico dos ukeleles e unha proposta ecléctica con influencias de rock ’n’ roll, country, swing, pop e surf. Ademais das voces, o caixón e os distintos tipos de ukeleles (sopranos, tenores e barítonos; ukebaixos e banjoleles), en “Histórias cativas” a Ukestra incorpora a pandeireta, a táboa de lavar, o güiro, o xilófono... un compendio de instrumentos miúdos a través dos cales marcan o ritmo de pequenas historias sobre o amor, as expectativas truncadas ou os tempos pasados. Letras graves, ás veces, que contrastan coa frescura do son dos ukeleles.

A banda forma parte tamén de ‘Extravíos’, un proxecto compartido coa compañía VACAburra no que tocan música en directo para unha peza de danza de Andrea Quintana.

Contratación

Urdime
Emi / Ánxela
981 937 424 - 698 132 935
distribucion@urdime.net

Discografía

Histórias Cativas

UKESTRA DO MEDIO

2022, Ukelixo

Outras Lérias

UKESTRA DO MEDIO

2020, Ukelixo

em princípio...

UKESTRA DO MEDIO

2017, Ukestra do Medio

Vídeos

Paipo

UKESTRA DO MEDIO

Promesas [Lyric Video]

UKESTRA DO MEDIO

Tanto se Amavam - Making Of

UKESTRA DO MEDIO

Outras Lérias

UKESTRA DO MEDIO

Movêrom-me os Marcos

UKESTRA DO MEDIO

Volvín á Terra pro perdín o amor - Ao vivo, Bonaval

UKESTRA DO MEDIO

Tal vez tamén che gusten