• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

QFB

QFB

QFB é unha banda de rap metal da cidade da Coruña formada por Zalo Abeledo, Darío Feijóo, David Acuña, David Rodríguez e Toninho.

Rexorde en 2019 das cinzas da banda, co mesmo nome, que estivo activa nos anos 90 do século pasado, dando numerosos concertos e chegando a abrir para a banda de britpop Elastica no Playa Club no 95.

Guitarra, baixo e batería acompañadas de 2 MCs. Cancións reivindicativas que buscan poñer en valor a terra, a lingua e a cultura galega, malia que tamén hai espazo para a festa e a retranca.

Acostuman introducir sons da tradición galega tales coma gaitas, pandeiretas ou aturuxos.

En 2022 publican o seu primeiro traballo discográfico, “Rexurdir” (2022), que rende tributo á banda orixinal con seis temas gravados en 1995 enfrontados con outros seis gravados en 2022.

Contratación

Toninho
+34 637818620
qfb.rapmetal@gmail.com

Discografía

Rexurdir

QFB

2022,

Vídeos

Sabadete

QFB

Pedras contra Tanques

QFB

Hei levántate!

QFB, ROI DA COSTA E IZQUIERDO SISTERS

Dollar

QFB

NaviRap

QFB

Compañeiro Daniel

QFB

Tal vez tamén che gusten