• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
MAN THE RIVER

MAN THE RIVER é un proxecto musical creado e producido polo artista vigués Bruno Nabeiradomar. Fusionando o xénero cantautor acústico con elementos electrónicos nunha atmosfera intimista, a música de MAN THE RIVER adoita evocar, no seu oínte, a beleza do momento presente ou a melancolía dun recordo, sempre nunha estreita relación coa natureza. As súas letras espertan, dalgún modo, a conexión cun mesmo e a aceptación das emocións.

Cun álbum e cinco sinxelos publicados, e en proceso de produción do seu segundo álbum, MAN THE RIVER comeza a súa carreira escribindo en inglés (“Tapes”, 2017), idioma co que se sentiría máis seguro. A través dunha viaxe de crecemento persoal, terminará compoñendo en galego (“Ou Mariñeiro”, 2021) e castelán (“La Playa”, 2022), linguas nativas da súa rexión, Galicia, atopando unha conexión máis sincera e intensa consigo mesmo.

No seu último sinxelo, “Un sol vino a verte” (2025), o artista vigués fala de aceptar o presente, atopar consolo na natureza, e lembrar que cada día é un agasallo. Cunha base sinxela de guitarra acústica, acompañada por un piano cálido, un violín e sintetizadores múltiples, MAN THE RIVER mostra o atardecer, a lúa e o efémero como símbolos de transformación, memoria e esperanza.

Contratación

MAN THE RIVER
Bruno
689 242 704
nabeiradomar1@gmail.com

Discografía

Un sol vino a verte

MAN THE RIVER

2025, Man the River

La Playa

MAN THE RIVER

2022, Man the River

O Mariñeiro

MAN THE RIVER

2021, Man the River

Birds

MAN THE RIVER

2020, Man the River

The miracle of Jane Goodall

MAN THE RIVER

2019, Man the River

Tapes

MAN THE RIVER

2017, Man the River

Vídeos

O Mariñeiro

MAN THE RIVER

Birds (Music Video)

MAN THE RIVER

Tal vez tamén che gusten