• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Jamie Fifthring

Jamie Fifthring é un cantautor galego de American Folk que, malia formar parte de bandas de diversos xéneros dende principios dos anos 90, é no ano 2010 cando decide empezar o seu camiño musical en solitario. Nun primeiro momento, o seu repertorio componse de versións de clásicos do xénero (Johnny Cash, Steve Earle, Corey Harris) e algún tema proprio. Pouco a pouco decide ir incorporando máis temas ao seu repertorio, o que o leva a tocar por salas e festivais de toda Galicia, Asturias, Castilla-León e Madrid, compartindo escena con artistas como Bart Davenport, La Bien Querida, Freedonia, Nestor Pardo, Escuchando Elefantes, Rockin' Corsarios ou The Hellbuckers. En maio do 2015 grava o seu primeiro LP en solitario titulado "Torches in the Alley" que contén 10 temas espidos con guitarra e voz nos cales ofrece a súa visión particular do American Folk cun son puro e sincero, sendo elixido por Mondosonoro como un dos 10 mellores discos galegos do ano e un dos 200 mellores discos internacionais do verán segundo o medio Chileno 1001Records.

Recentemente grava un novo traballo en forma de E.P. en The Ocean Studios, desta volta colaborando con varios músicos e o cal ve a luz en febreiro do 2016.

Contratación

Costa Nostra Producciones
Carlos Muiños
(+34) 679 353 358 - (+34) 696 046 801
costanostraprod@gmail.com

Discografía

The Pilgrimage

JAMIE FIFTHRING

2016, Costa Nostra Producciones

Torches in the Alley

JAMIE FIFTHRING

2015, Costa Nostra

Vídeos

The Pilgrimage

JAMIE FIFTHRING

It's 6 a.m. Somewhere

JAMIE FIFTHRING

Elbow Grease

JAMIE FIFTHRING

Iron & Oil

JAMIE FIFTHRING

Tal vez tamén che gusten