• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Zoar

Conxunto de cámara estable e activo con formación de quinteto de vento clásico. Xuntos desde 2009, actuaron nalgúns dos máis representativos escenarios galegos como o Teatro Colón, Centro Ágora, Teatro Jofre ou a Cidade da Cultura, participando en acontecementos culturais de importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, o LVI Festival da Ópera da Coruña, o Festival de la Luz e nas tempadas de diferentes sociedades filarmónicas.

Sempre coa procura de orixinalidade nas súas propostas, incorpora músicas actuais ou descoñecidas, colabora con outros músicos e cantantes interaccionando con outras disciplinas artísticas: Títeres Cachirulo, Manuel Rivas, Monicreques de Kukas, Lytos, Alfonso Rivera, Xiana Vilas ou Ana Inés Jabares.

Unha das súas principais inquedanzas é o apoio á nova creación, aportando así novidades ao repertorio tradicional e dinamizando a vida musical. Proba diso son as estreas que realizan das obras de compositores tales como Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Juan Durán, Federico Mosquera, Fernando Buide, Óscar Navarro, José Luis Turina ou Paquito D’Rivera.

Así mesmo, complementan a súa actividade artística coa pedagóxica sendo profesores invitados a encontros da Orquestra Clásica de Xove e da Jove Orquestra Nacional de Catalunya.

Contratación

Álex Salgueiro
(+34) 656 621 731
info@zoar.es

Discografía

No vento

ZOAR

2016, Ouvirmos

Vídeos

Elementa!

ZOAR

Windbox

ZOAR, LYTOS BEATBOX

Paráfrase do nihilismo

ZOAR

A frauta máxica no maxín

ZOAR

Mozart Fantasy

ZOAR

Tal vez tamén che gusten