
"Tradicción", o terceiro traballo de En Casa del Herrero, xorde das pontes tendidas entre as dúas metades que o forman: "Adicción", o primeiro cedé, consta de once temas propios (en castelán e inglés) coas relacións persoais como fío condutor e o folk-rock como contenedor principal. Pola súa banda, "Tradición", a segunda parte do disco, recolle unha ducia de pezas tradicionais gravadas en formato acústico. Unha delas, "Mirade para o meu pequeno" (adaptación de "Rough & Rocky"), supón a primeira achega da banda ao galego. En "Tradicción" o grupo contou coa colaboración de varios músicos de renome.ECDH é o proxecto persoal do coruñés Eduardo Herrero. Aposta pola composición propia e bebe sobre todo de fontes musicais americanas. Eduardo rodéase de catro veteranos da escena local: Carlos Clérins (guitarras), Pepe Lamas (baixo), Jorge Quesada (órgano e piano) e Óscar Quintáns (batería). Con eles grava en xullo de 2013 o seu primeiro traballo, un álbum homónimo no que colabora o cantautor estadounidense Joel Rafael. O disco recolle críticas moi favorables, que comparan o seu son clásico co de Tom Petty, John Mellencamp ou Elliott Murphy. Un ano despois, ECDH rexistra o seu segundo álbum, "Príncipes venidos a menos", con novos temas orixinais e versións autorizadas de Immaculate Fools, Willie Nile ou Roddy Hart. No 2016, ECDH proclámanse vencedores do concurso organizado polo Festival de Jazz & Blues de Ribadeo no xénero blues. Isto permítelles afrontar a finais de ano a gravación dun novo EP nos prestixiosos Estudios Mans.
Contratación
Eduardo Herrero (+34) 615 852 602 info.ecdh@gmail.com