• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mercedes Peón

Mercedes Peón está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. Naceu en 1967 e aos 13 anos escoitou cantar a varias mulleres da Costa da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e en universidades como A Sorbona, Porto, País de Gales, etc.

A variedade das súas composicións que arrincan desde a polirritmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.

Despois de profundar na tradición durante máis de 25 anos, en 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado “Isué”. Nos seus traballos posteriores, “Ajrú” (2004) e “Sihá” en (2007), as súas composicións levárona a unha particular atmosfera casi rozando o electroacústico, que deu como resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras. En 2011, publicaba “Sós”, un punto de inflexión onde a artista amosa madurez creativa e máis liberdade que nunca.

O seu último traballo discográfico, “Deixaas” (2018), é unha proposta artística arriscada e atrevida onde Peón amplía o seu universo melódico e visión poética xunto con Mónica de Nut e Ana Fernández.

Contratación

(+34) 920 254 990 - (+34) 616 951 341
info@mercedespeon.gal

Discografía

Deixaas

MERCEDES PEÓN

2018, Altafonte Music

Sós

MERCEDES PEÓN

2010, Boa label

Sihá

MERCEDES PEÓN

2007, DiscMedi

Arjú

MERCEDES PEÓN

2003, DiscMedi

Isué

MERCEDES PEÓN

2000, Resistencia

Vídeos

Olores perdidos

MERCEDES PEÓN

Plataforma

MERCEDES PEÓN

Deixaas

MERCEDES PEÓN

Derorán

MERCEDES PEÓN

Desaparecer

MERCEDES PEÓN

Ingrávida

MERCEDES PEÓN

Tal vez tamén che gusten