• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Silvia Penide

Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas, que conectan co público. Comezan a ver a luz no seu primeiro LP, "kilómetros" (2002), e continúan madurando en "Invisible" (2005) e en "Desafinante Crónica" (2007), que se introduce en diferentes programas de Radio 3 ou M80, entre outros.

Con continuos concertos por toda a Península e en salas de países como Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña, o universo particular de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.

O seu EP "Las Erres Dobles" (2010), gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Marlango ou Amaral, dá un paso máis alá conseguindo colocar a Silvia en boca de moitos, soando en programas como "21 Días", da canle Cuatro, e recadando boas críticas e mencións en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone.

É entón, ademais, cando comeza a tocar en teatros, onde se define o son da súa banda. Compartiu cartel en diferentes eventos con artistas do talle de Xoel López, Annie B. Sweet, Mercedes Peón, Felix Arias, Mäbu…

A finais de 2014 é finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega, galardón que recibiron grupos como Eladio y Los Seres Queridos, entre outros.

Actualmente encóntrase promovendo "Animal de Compañía" (Reedición 2014), álbum que reedita tras esgotar varias edicións vendidas e co que segue subindo chanzos e consolidando a súa carreira.

Contratación

10de10
Tomi Legido
(+34) 677 428 150
dezdedez@gmail.com

Discografía

Sobre el mismo alambre (feat. Eladio Santos)

SILVIA PENIDE

2017, Artesa de Arte

Todo pintado de plata

SILVIA PENIDE

2016, Silvia Penide

Cincoparedes

CINCOPAREDES, NANDO DEIBE, LUIS MORO, CÉSAR DE CENTI, SILVIA PENIDE, FÉLIX ARIAS

2015, Cincoparedes

Animal de Compañía (Reedición)

SILVIA PENIDE

2014,

Las erres dobles

SILVIA PENIDE

2010,

Desafinante Crónica

SILVIA PENIDE

2007, Falcatruada

Invisible

SILVIA PENIDE

2005, Falcatruada

Kilómetros

SILVIA PENIDE

2003, Falcatruada

Vídeos

Sobre el mismo alambre

SILVIA PENIDE, ELADIO SANTOS

Lo que dure es lo de menos

SILVIA PENIDE

Lentitud

SILVIA PENIDE

Animal

SILVIA PENIDE

Nunca fue (o Neptuno)

SILVIA PENIDE

Metálico

SILVIA PENIDE

Tal vez tamén che gusten