• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Oscar Ibáñez

Oscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista fascinante, que realiza unha fusión musical sen límites, que parte das raíces a medio camiño entre investigación e creación e que ten como resultado un novo e único son. A súa carreira tivo os seus comezos en distintos grupos de música tradicional cos que percorreu toda Europa, a docencia en máis de 10 países de América Latina, EE.UU., Reino Unido, Suíza e España e na súa participación nos concursos de gaita galega de maior prestixio, nos que acadou máis de 40 premios. Paralelamente a unha ampla formación musical académica, publicou numerosos traballos, participou durante 8 anos na creación do Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra e produciu diferentes espectáculos en Galicia e Cantabria. Coa súa banda de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO —formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (acordeón), Harry Price (violín), Carlos Calviño (guitarras), Paco Dicenta (baixo), e Andrés Vilán (percusións e batería)—, levou a súa música por toda a península, Bretaña e Italia. Na actualidade está a presentar o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, que discorre polo Atlántico a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta, e inspirada no poema “O fillo de Celt” do cambadés Ramón Cabanillas.

Contratación

Trisquelia Comunicación
Vanesa López
(+34) 986 101 323 - (+34) 626 825 442
contact@oscaribanez.com

Discografía

Alén do mar

OSCAR IBÁÑEZ

2012, VIR - Ouvirmos

Vídeos

Escola de gaitas da Deputacion de Ourense

OSCAR IBÁÑEZ

Muñeira do Marreco

OSCAR IBÁÑEZ

Oscar Ibáñez & Tribo en el Sauga Folk 2014

OSCAR IBÁÑEZ

Tal vez tamén che gusten