• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mosquera Celtic Band

A Mosquera Celtic Band é unha banda especializada en folk-pop liderada polo gaiteiro Fernando Mosquera (Toledo, 1977). De orixe galega e con 16 anos de traxectoria profesional, Mosquera crea a súa Banda Celta en 2010 tras o convite da Xunta de Galicia a compoñer unha canción en galego para o Xacobeo 2010. A partir de aí, esta banda realizou xiras anuais, chegando a gravar o seu primeiro disco, “Peregrinatio” (Several Records, 2012), con tan só once meses de vida.

Todo empezou cando D. Manuel Fraga Iribarne, daquela Presidente da Xunta, lle regalou persoalmente a súa primeira gaita galega cando era neno… Desde entón Galicia foi para Mosquera máis que unha terra: un sentimento e unha forma de vida. O folk-pop fresco da Mosquera Celtic Band ten o seu fundamento nas composicións que o propio Mosquera realiza, tanto instrumentais como líricas, en castelán, galego e inglés. A súa intención é abrir a música celta de Galicia a todo tipo de público, sobre todo ao público novo; de aí que empregue trazos propios do pop.

Mosquera é un dos multi-instrumentistas máis interesantes do panorama musical, tocando na actualidade máis de 40 instrumentos diferentes. Así mesmo, colaborou como artista invitado con Carlos Núñez e con preto de 50 músicos de Irlanda.

As raíces galegas de Mosquera imprimen ás súas composicións o arrecendo propio dunha terra que é o centro do seu mundo: Galicia.

Contratación

'M & M' (Mosquera Management)
Fernando Mosquera Gómez / Carmen P. Torres Nieto
(+34) 696 035 957 - (+34) 619 356 773
management@fernandomosquera.com

Discografía

Outlander

MOSQUERA CELTIC BAND

2015, Several Records

Peregrinatio

MOSQUERA CELTIC BAND

2012, Several Records / Severalia Música

Vídeos

Peregrinatio (A Costa da Morte + Heaton Chapel)

MOSQUERA CELTIC BAND

Celtic Set

MOSQUERA CELTIC BAND

An-Dro de Bretagne

MOSQUERA CELTIC BAND

Vídeo Promocional de la 'Mosquera Celtic Band'

MOSQUERA CELTIC BAND

Herba de namorar

MOSQUERA CELTIC BAND

"Making-off" concierto Teatro Rojas Toledo

MOSQUERA CELTIC BAND

Tal vez tamén che gusten