• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Radio Cos

Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.

Vai para xa nove anos que Radios Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concibido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sofren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.

Contratación

FOL MUSICA
Inma Grass
(+34) 618 913 436
inma.grass@boa.es

Discografía

Radio Cos

RADIO COS

2013, FOL MUSICA

Vídeos

Sete cuncas

RADIO COS

Ven bailar Carmiña

RADIO COS

O rumbista de Sas

RADIO COS

Valse do amor

RADIO COS

Tal vez tamén che gusten