• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kin García Trío

Kin García Trío, atópase en activo desde 2006, coa publicación do seu primeiro álbum “O lobo morde a man” (Audia Records, 2006), no que acompañan a este contrabaixista coruñés Andrés Rivas (batería) e Gabriel Evens (piano). Un álbum que representa en forma de jazz a metáfora da falta de sensibilidade do home coa natureza que o rodea, a partir de cinco temas asinados polo contrabaixista, dous estándares (Solar e Time Remembered) e unha composición do pianista norteamericano Gabriel Evens.

Seis anos despois edita o seu segundo disco “Accipiter gentilis” (Audia Records, 2012) acompañado nesta aventura por Noli Torres (batería) e Jacobo de Miguel (piano), no que o artista combina as súas dúas paixóns, o jazz e a cetraría. Neste álbum atopámonos con oito pezas, todas elas orixinais de Kin, nas que fai referencia a algunha das aves máis utilizadas na cetraría galega. Trátase dun disco amable, sinxelo, onde aparece o jazz de evidentes influencias europeas, moi ben traballado, pero que escapa das complicacións innecesarias para dar paso a unha música que flúe suave e elegante como o voo dunha ave.

Contratación


Discografía

Xingra coma a area

KIN GARCÍA TRÍO

2016, Xingra.com

Accipiter Gentilis

KIN GARCÍA TRÍO

2012, Audia Records

O lobo morde a man

KIN GARCÍA

2006, Audia Records

Vídeos

Boop Carduelis

KIN GARCÍA TRIO, MATTHEW SIMON

Falco Peregrinus

KIN GARCÍA TRÍO

Accipiter gentilis

KIN GARCÍA TRÍO

Tal vez tamén che gusten

4Mal Quartet Jazz

Abe Rábade

Alexandre Cabanelas Trío

Alfonso Calvo Septet

Álvaro Vieito 4

Borja Cao Trío