• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Borja Cao Trío

O novo traballo de Borja Cao Trio: “Dreams”, contén pezas de jazz con ritmos heteroxéneos. Pódense atopar temas en clave de funky-jazz ao igual ca no seu traballo anterior. Con todo, nestas novas composicións, Borja Cao aínda explora novos estilos con temas de jazz mesturados con sons orientais, ou ben fusionados con ritmos como o pop ou a balada e ata algunha chiscadela ao flamenco. Todos os temas de composición propia ofrécenlle ao público afeccionado ao jazz, unha diversificación de matices do jazz acercándoo a outros estilos e un contraste de temas con ritmos lentos e outros moi rápidos.

A raíz dos traballos anteriores do trío formado polo pianista ourensán Borja Cao, acompañado por Max Gómez á batería e Juansy Santomé ao contrabaixo, a revista nipona Jazz Japan Magazine publicou unha crítica na que destaca "o progreso do artista como pianista, con melodías realmente exquisitas e inspiradas na súa personalidade". O primeiro traballo de Borja Cao saíu ao mercado en 2009 baixo o título de Match-ball (Audia Records) Todos os temas, ao igual ca no segundo álbum: The future is green (Audia Records), eran de creación propia.

O pianista ourensán actuou con diversos grupos e formacións de música de cámara en Galicia e no estranxeiro.



Discografía

Dreams

BORJA CAO TRIO

2014, Audia Records

Live

BORJA CAO TRIO

2012, Audia Records

The future is green

BORJA CAO TRIO

2011, Audia Records

Match-ball

BORJA CAO TRÍO

2009, Audia Records

Vídeos

Glamorous

BORJA CAO TRIO

Tal vez tamén che gusten