• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Brais González

Brais González é un pianista e compositor vigués nado en 1987.

Formado como pianista clásico nos conservatorios de Salzburgo, Vigo e Oviedo, cunha extensa bagaxe de premios en concursos nacionais e internacionais e unha ampla experiencia como acompañante e músico de cámara, a súa carreira estivo sempre dividida entre o seu labor como intérprete e o seu traballo compositivo. As súas obras de concerto interpretáronse en case unha vintena de países europeos e os seus traballos para audiovisual utilizáronse en produccións de EE.UU., Rusia, Xapón e Alemaña. É fundador de Caspervek, formación viguesa adicada a musicalizar en directo películas de cinema silente.

O seus traballos discográficos como solista —“Deyda” (2017) e “Eostre” (2018)— sintetizan estes dous mundos. Neles, Brais propón un paseo por paisaxes que beben da música clásica tanto como da popular, cunha forte influencia das músicas improvisadas e o uso de electrónica e grabacións de campo.

Contratación

Brais González
629 915 965
correo@braisgonzalez.com

Discografía

Eostre

BRAIS GONZÁLEZ

2018, Brais González

Deyda

BRAIS GONZÁLEZ

2017, Brais González

Vídeos

Oudegracht

BRAIS GONZÁLEZ

In Aeternum (Deyda)

BRAIS GONZÁLEZ

Tal vez tamén che gusten