• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xan Campos Trio

Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Tras oito anos xuntos sobre os escenarios, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

A súa é unha proposta para todos os públicos, para quen adora o jazz e tamén para quen nunca o probou. Despois da boa acollida do seu anterior disco Orixe Cero, Ectropía aposta por seguir na mesma liña e profundizar no seu particular son, onde atopamos jazz, rock alternativo, música clásica, rock progresivo e electrónica. Once temas cargados de dramatismo e unha enerxía constante que se sinte dende o primeiro ao último minuto do disco.

Sen renunciar aos cimentos do jazz perseguen un estilo fresco, actual, deixándose influenciar polo que pasa ao seu redor e as vangardas musicais e convencidos que de o jazz non só pertence ás salas especializadas.

Contratación

Xan Campos
(+34) 620 178 961
xancampos@xancampos.com

Discografía

ESD

XAN CAMPOS

2016, Free Code Jazz Records

Ectropía

XAN CAMPOS TRIO

2014, Free Code Jazz Records

Orixe Cero

XAN CAMPOS TRIO

2011, Free Code Jazz Records

Vídeos

Entropía

XAN CAMPOS TRIO

Tapia & Flik @ Imaxinasons 2011

XAN CAMPOS TRIO

Caos magnético @ Imaxinasons 2011

XAN CAMPOS TRIO

Putnam Ave @ Porta-Jazz, Porto (2014)

XAN CAMPOS TRIO

Ectropía. Album promo

XAN CAMPOS TRÍO

Tal vez tamén che gusten