• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Carlos Arcay

Carlos Arcay (Compostela, 1981). Guitarrista, compositor e produtor a cargo dos estudios Arcay Sound–Mix & Mastering.

Como guitarrista leva activo na esna musical galega desde 1998, pasado por diferentes bandas e proxectos como Rever, Yidorah, Ginkgo, Amarcord, Johnny Lokke Band (EE.UU.), Zelion ou Uxío Mayo y La Banda Fetichista. Deixou sempre patente o seu estilo, sentimento e xeito de ver a música en todos os traballos editatos coas diferentes bandas. Como produtor e enxeñeiro de son comeza en 2009 coa produción de Yidorah e coa gravación e produción do LP de Uxío Mayo; actualmente segue a facer traballoso para diferentes artistas galegos. É destacable a súa canle de YouTube, onde publica vídeos asiduamente nos que mestura humor co seu xeito de sentir a música, sendo un dos artistas máis carismáticos con presenza na rede a nivel estatal.

No seu novo proxecto instrumental en solitario empápase de diferentes estilos con orientación rock-metal, dunha calidade técnica e musical destacable e elaborada que cristalizou en GENESIS (2017), un sopro de aire fresco dentro do xénero instrumental, que podedes desfrutar nos seus directos.

O seu último traballo, THEY LIVE (2019), é unha continuación de GENESIS (2017); unha viaxe polo cosmos creado polas 7 cordas do galego, un universo instrumental cheo de matices onde o mestre desprega a súa técnica para atraparche no seu mundo. As catro composicións están salpicadas de sorpresas e melodías envolventes bañadas dunha poderosa épica.

Contratación

Marité S.
(+34) 667380487
arcay@tutanota.com

Discografía

Open Your Mind

CARLOS ARCAY

2021,

The Legend Of The First Tree

CARLOS ARCAY

2021,

They Live

CARLOS ARCAY

2019, Holographic Records

Genesis

CARLOS ARCAY

2016, Holographic Universe

Vídeos

Black Hole (They Live EP)

CARLOS ARCAY

Evil Matrix [OFFICIAL LIVE VIDEO]

CARLOS ARCAY

Kybalion (Play Through)

CARLOS ARCAY

Kybalion

CARLOS ARCAY

Presentación oficial de Genesis (Sala Riquela Club)

CARLOS ARCAY

Holographic Universe (Live en Riquela Club)

CARLOS ARCAY

Tal vez tamén che gusten