• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Chotokoeu

Chotokoeu nace como grupo de percusión da man de Brais e Rubén a mediados de 2007. Pouco a pouco vanse sumando músicos ao proxecto e comeza a súa andadura por bares e festivais de Galicia. Será no ano 2009 cando gañan o concurso Galiza Crea, o que facía pensar que a banda ía por un bo camiño. Co paso do tempo e case sen darse conta comeza a xestarse unha familia musical que vai collendo a forma dun proxecto diferente e orixinal.

A formación está composta por Marta Seco (violín e voz), Brais López (saxo e ordenador), Manuel Fonte (guitarra e teclado), Guillermo Giadanes (guitarra), David Fernández (baixo e voz), Rubén Capelán (batería) e Carlos Argibay (percusión).

A súa proposta musical é variada e para todos os públicos: unha viaxe polas músicas do mundo (reggae, ska, klezmer, balkan, swing e folk) mesturada con eletrónica (electro-swing, drum & bass).

Concertos: Chotokoeu levou o seu show ás mellores salas e festivais de toda Galicia e parte de España (Reperkusión, Castelo Rock, Pardiñas, Antrospinos, etc.). Con proxección europea e internacional, a banda leva feitos 5 tours por Europa (en 2014 foi o quinto), cos que deron máis de 60 concertos en 6 países (Bélxica, Holanda, Alemaña, Inglaterra, Suíza e Italia).

Chotokoeu é considerada unha das bandas máis activas do panorama musical galego, un colectivo disposto a traballar duro por e para a música cun proxecto directo e orixinal, decidido a contaxiar de enerxía, festa e alegría a todo o mundo.

Contratación

CHOTOKOEU
Guillermo Giadanes
(+34) 629 743 680 - (+34) 622 122 898
booking@chotokoeu.com

Discografía

Saír a voar

CHOTOKOEU

2015, Chotokoeu

Chotokoeu

CHOTOKOEU

2013, Chotokoeu

Vídeos

Vida de sofá

CHOTOKOEU

Ouh la la

CHOTOKOEU

Global riot

CHOTOKOEU

Huracán

CHOTOKOEU

No más troika

CHOTOKOEU

Bye Bye

CHOTOKOEU

Tal vez tamén che gusten