• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
ARIFI

ARIFI é un proxecto de músicas de raíz-fusión creado recentemente. Aínda que nace en Galicia, o grupo está formado por músicos de moi diversas orixes: Venezuela, Bielorrusia e diferentes cidades de Galicia, ademais de contar con colaboracións de músicos de terras mediterráneas, como Ramy Malouf, frautista libanés.

E é cara a este mar, o Mediterráneo, ao que mira a música de ARIFI, xa que fusiona músicas de raíz, partindo do norte da península, con ritmos e sonoridades árabe-andalusíes e outros ritmos máis actuais, ademais da creación de temas propios.

O grupo está a recibir unha moi boa acollida de público e crítica e, con tan só un ano desde a súa presentación, xa actuaron en salas, festivais e teatros de toda a península (Teatro de Barakaldo, Sala Altxerri Donostia, Centro Niemeyer Avilés, Festival Burgo Jazz, Noite Branca Vigo, etc.). A clave do seu éxito está na orixinalidade do proxecto, a atractiva sonoridade e a posta en escena, onde a danza oriental e a fusión teñen unha presenza importante.

Contratación

Iria Estévez
(+34) 690 773 230
arifimusic@gmail.com

Vídeos

Senhora do Almortão

ARIFI

Galanica (Sala Garufa)

ARIFI

Tal vez tamén che gusten