• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The Big Lis Gumbo Band

The Big Lis Gumbo Band é o grupo de blues eléctrico encabezado por Iria "Big" Lis, cantante nacida na Coruña, 1978.

Iria defínese como unha berradora autodidacta con bos amigos. Entorno a ela agrúpase esta Gumbo Band na que todos os sabores do blues teñen cabida: Texas, Chicago, California... e o propio cóctel de sons do New Orleans blues.

Baixo a dirección musical de Rubén "Sunny Boy" Barros Deschamps, cuxa carreira lle acredita como un dos máis versátiles guitarristas galegos, The Big Lis Gumbo Band gravan en Bonham Studios 2014 "THE BAIT OF BLUES", o seu primeiro disco.

Recollen nel, o traballo de dous anos de directos nos que foron coñecidos como Big Lis and her Rodmen (Big Lis e os seus pescadores)

Completan esta Gumbo Band un experimentado Samuel Pérez (batería) e o xove Fernando Fraga (baixo), unha sección rítmica cómplice pescada en alta mar co blues como engado. Pechando o quinteto Ramón Figueira "Figui", harmónica que está a despuntar no panorama galego actual.

Entre os seus concertos, destacan o seu paso polo Pantín Classic Galicia Pro 2014 (fases de clasificación do campionato internacional do ASP) e os festivais galegos Blues no Sil 2013, Lanzós, e Feito a Man 2014.

Contratación

BIG LIS
(+34) 639 975 843
biglismusic@gmail.com

Discografía

The Bait Of Blues

THE BIG LIS GUMBO BAND

2014, BIG LIS

Vídeos

The Big Lis Gumbo Band

THE BIG LIS GUMBO BAND

Tal vez tamén che gusten