
"Segundo Asalto" (autoeditado). O grupo de Galicia lanza agora o seu primeiro traballo de longa duración tras o EP homónimo publicado en 2011. Trátase dun álbum madurado en barrica, con notas de carballo, rexo e con retrogusto apreciable dende a portada ata o último golpe de baqueta. Turboláser emerxe como novo representante da camada pontevedresa, máis alá do subconxunto vigués: en Vilagarcía hai tradición de artesanía sonora e a banda, amparada na produción de Iago Lorenzo (que traballou nos últimos tempos con Disco Las Palmeras! e Igloo), conseguiu proxectar axeitadamente un concepto que se nutre da melancolía e se serve nos retrousos de muros guitarreros para sacar fóra a rabia, sen afastarse por iso dun claro esquema pop. En “Segundo Asalto”, Turboláser alterna a dozura ("Lágrimas", "Onda media") co caudal desatado de sentimentos (“Déjalo todo", sen ir máis lonxe, é unha canción redonda) nun hábil compendio que lles vai abrir as portas dos grandes escenarios. (Zonadeobras.es - Apuestas del día)
Contratación
Brais Abuin (+34) 646 685 227 turbolasertv@gmail.com