• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Virandeira Folk

Virandeira Folk prosegue a súa andadura polo panorama musical galego co seu segundo disco, "Metamorfose", unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa tivo o seu debut discográfico en 2012 con "Sons do Atlántico", un álbum que foi presentado no Culturgal daquel ano e que tivo unha gran acollida do público en escenarios como o Auditorio Afundación de Vigo.

Con "Metamorfose" o grupo evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital, sen olvidar a expresividade e sensibilidade dos temas cós que a banda deuse a coñecer. Virandeira Folk invita ao público dos seus concertos a sentir durante hora e media a intimidade do Atlántico, a forza das danzas célticas, o exotismo dos seus influxos orientais… en definitiva, a vivir en primeira persoa unha particular viaxe que non poderá esquecer.

Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mistura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.

Eles son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Álex García (batería).

Contratación

Virandeira Folk CB
Chema Alonso
(+34) 649 030 508
virandeirafolk@gmail.com

Discografía

Metamorfose

VIRANDEIRA FOLK

2015, Inquedanzas Sonoras

Sons do Atlántico

VIRANDEIRA FOLK

2012, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

Metamorfose

VIRANDEIRA FOLK

Prost!

VIRANDEIRA FOLK

Gypsy Girl

VIRANDEIRA FOLK

Tal vez tamén che gusten