• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Guadi Galego

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta en 2014 "Lúas de outubro e agosto", o seu segundo traballo como solista tras o álbum "Benzón", que se publicou en 2009.

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica; foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero, á vez, máis arriscada.

"Lúas de outubro e agosto" contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

Este segundo álbum de Guadi Galego gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, quen soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

"Lúas de outubro e agosto" preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

Guadi Galego: Voz e teclados; Guillerme Fernández: Guitarra; Paco Charlín: Baixo; Isaac Palacín: Batería

Contratación

Culturactiva SCG
Manuel Roxo
(+34) 981 582 836 - (+34) 619 933 348
info@culturactiva.org

Discografía

O mundo está parado

GUADI GALEGO

2016, Fol Música

Lúas de outubro e agosto

GUADI GALEGO

2014, Alis Records

Benzón

GUADI GALEGO

2009, Músicas de Salitre

Vídeos

O mundo está parado

GUADI GALEGO

Mente en branco

GUADI GALEGO

Cedeira

GUADI GALEGO

Chea de Vida

GUADI GALEGO

Matriarcas

GUADI GALEGO

Tal vez tamén che gusten

Batemento

Os Amigos dos Músicos

Roger de Flor e Os Silvestres