Embrio achégase ao universo deste grupo antolóxico chamado Pink Floyd, banda británica considerada unha icona cultural do rock do século XX e unha das máis influentes na historia da música, que acadou gran popularidade grazas ás súas composicións psicodélicas, que evolucionaron cara ao rock progresivo co paso do tempo.Versionamos a música de Pink Floyd desde unha nova perspectiva: utilizamos o galego nas letras. Escoitar Pink Floyd en galego é música moderna, porque require confianza, xenerosidade e o traballo dos oíntes.Non precisamos ferramentas moi novidosas e tampouco nos importa mostrarnos anacrónicos baixo un manto de sons gastados e con notas imperfectas, que respiran e se senten próximas; porque primeiro están as persoas, a humanidade humilde, as cancións que nos namoraron, e logo está a banda, disposta a vender a súa alma con tal de contaxiar ese amor, pedindo que imaxinedes unha paisaxe marabillosa alí onde só hai ruínas e abandono.Compoñentes: Tono Lado (guitarra), Luis “Yiyo” (batería), Ramón Moas (guitarra e coros), Jerry (teclados e coros), Manuel M. Reino (baixo e voz).
Contratación
Manuel Mariño (+34) 649 053 014 - (+34) 657 82 04 14 embrionoia@yahoo.es
