• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Buxa

Buxa somos Pou (batería), Paco (baixo), Alex (guitarras) e Trigo (guitarras).

A banda xorde basicamente pola necesidade vital de facer música e divertirnos tocando. O de facer música instrumental con carácter progresivo, onde a dinámica xoga un papel imprescindible, foi acontecendo de xeito natural a medida que iamos empastando instrumentos na procura do noso propio son.

As nosas maiores influencias ou referencias veñen da década dos 90, dos sons característicos deses anos, de diversos estilos como poden ser progresivo, grunge, stoner, metal ou mesmo pop, entre outros. O noso principal obxectivo desde os comezos foi acadar un son propio que nos identifique, tendo en conta todas as nosas referencias musicais desde unha perspectiva actual.

A nosa visión do proxecto é a composición de temas que van avanzando por distintas partes e texturas sonoras. O protagonismo recae na mestura de sons pesados con melodías afiadas que fan de fío condutor ao longo das composicións, coa intención de manter a atención como se se tratase de contar unha historia a base dun xogo de sons e intensidades diversas.

Contratación

Alex Rodríguez/Paco Míguez
656 495 862 - 626 04 94 21
buxatafona@gmail.com

Discografía

Bamba negra

BUXA

2022, Autoeditado

Intensidade sonora

BUXA

2022, Autoeditado

Bule!

BUXA

2022, Autoeditado

Vídeos

Mestre

BUXA

Tal vez tamén che gusten