• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kozmic Blues

Kozmic Blues é unha banda que practica un rock con escintileos do folk e do rock norteamericano dos anos 70 e 90, cun son propio aberto a ritmos hipnóticos e sombríos. Misturando unha voz potente, en ocasións musitada, cunha guitarra de ritmos frenéticos e punzantes.

"Premonition" é o seu primeiro álbum de estudio. Gravado, producido e masterizado nos estudios de Río Records (Ferrol), o disco consta de 10 temas propios divididos pola súa sonoridade e o seu significado en dúas partes: "A Luz" e "A Escuridade". É un álbum que sen dúbida fai sentir coma se se descendera ao famoso inferno que Dante recrea na "Divina Commedia" con toques sombríos, luces ardentes de realidade con moita intensidade e cun pé dentro do existencialismo máis sincero e directo.

O seu segundo álbum foi gravado en 2016 nun dos estudios máis solicitados de Galicia, Abrigueiro. Arturo Vaquero (Humanoid) encargouse persoalmente da súa gravación, mistura e masterización. O seu nome, "Dream For Winter", vén dun poema que Arthur Rimbaud escribiu en 1870. O disco saiu á luz en Spotify xusto 125 anos despois da súa morte. O seu poema atópase musicado entre as cancións do disco. É un soño, un soño outonal que percebe o futuro e o inverno con incerteza.

Contratación

Produtriz Comunicación
Bea Camiña
617 25 13 21
info@produtriz.com

Discografía

Dream for Winter

KOZMIC BLUES

2016, Kozmic Blues

Premonition

KOZMIC BLUES

2015, Kozmic Blues

Vídeos

Dry Leaves

KOZMIC BLUES

Flowers in My Head

KOZMIC BLUES

Blue Shadow

KOZMIC BLUES

Tal vez tamén che gusten