• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sheila Patricia

Sheila Patricia é unha das voces da nova canción de autora en Galicia. Filla dunha galega e dun arxentino descendente de asturianos, podemos percibir toda esta mistura nas súas composicións, con trazos característicos do folclore de ambos lugares e sempre arroupada dunha guitarra, instrumento que unifica os dous continentes.

A continua preocupación polo seu, pola terra onde actualmente reside, resplandece no discurso dos seus actuais espectáculos. Historias de mulleres, da súa avoa e das avoas que configuran a vida e da fortaleza femenina que porta Sheila. A sua crianza nas Rias Baixas, próxima á fronteira con Portugal, non deixa indiferente a súa percepción da música. Sheila ten ese modo de cantar, tan similar ao pranto das fadistas, cun marcado rubato e con gran profundidade na interpretación. Cabe destacar tamén o seu xeito e adornos vocais propios da música tradicional.

Actualmente investiga na mestura con sons máis actuais e electrónicos, pero conservando a esencia to acústico, cun traballo tributo á cultura galega. O 8 de Abril de 2022 estrea o seu primeiro álbum, “Orixe” (2022), onde mestura a electrónica máis minimalista coa súa voz como instrumento principal sonoro. Un tributo á música galega e as mulleres da súa terra co mar como constante de principio a fin.

Contratación

Xeitosa Producións
Xulia Barros / Patricia González
671 720 689 - 622 114 945
xeitosaproducions@gmail.com

Discografía

Orixe

SHEILA PATRICIA

2022, Autoeditado

El camino de los sueños

SHEILA PATRICIA BANDA

2017,

Vídeos

A Moura

SHEILA PATRICIA

Eido

SHEILA PATRICIA, GABI REBOREDO

Maneo de Caión

SHEILA PATRICIA

Camiño branco

SHEILA PATRICIA

Novembro

SHEILA PATRICIA

Tal vez tamén che gusten