
Fernando Barroso é un músico, compositor e produtor galego, nado en Ferrol en 1979. Hoxe forma parte das bandas Riobó, Budiño e TRIM e ten colaborado con artistas do porte de Anxo Lorenzo, Xabier Díaz e Julio Pereira. Foi parte da lendaria banda ‘paratradicional’ ferrolá Os Cempés na súa última etapa e co-fundador do trío internacional Assembly Point con Eoghan Neff e Luís Peixoto. Con este último tamén co-produciu outros traballos como "POP" (2013) ou "TRIM" (2014).Guitarrista de vocación, Fernando Barroso é multi-instrumentista en corda pulsada, con instrumentos coma o bouzouki irlandés, mandolina ou banjo e ten experimentado cavaquinhos e violas portuguesas como se mostra no seu último traballo "Intropia" (2016). Este traballo é o resultado dunha procura incesante de ordenar as ideas e controlar o caos nun mundo que xira cada vez máis rápido. Un disco que foi tomando forma ao longo do último ano e medio, e que Barroso presenta en maio de 2016. Un traballo co que abre un camiño cara ao seu propio proxecto.
Contratación
Producións do Cuarto BaleiroFernando Barroso (+34) 666 369 090 fernandobarroso@fernando-barroso.com