11 DE ONDIÑAS VEÑEN E VAN

A unha semana da chegada «oficial» do verán e, aínda co tempo inestable, compartimos esta travesía sonora creada para acompañar o oínte durante calquera día estival navegando sobre as augas tranquilas do Atlántico; xa sexa en veleiro, dorna... ou colchoneta. Once cancións de grupos e artistas da plataforma que complementarán esa sensación do sol aloumiñando a pel mentres a brisa mariña arrola suavemente a túa embarcación de preferencia.
Reláxate, sube o volumen o xusto e necesario... e deixa que o mar e a música fagan o resto.
"Chicharras", Catuxa Salom
".(To Clutch)", MAN THE RIVER
"Voar", Lula Mora
"We Are Dust", Sanny
"olvidar/recordar", atún blanco
"Cozmic Cowboys", Pablo Leira
"Chess", LAW
"Meu amor é mariñeiro", Eladio y los Seres Queridos
"Opiunte", XA’LUM
"1923", Nico Casal
"How to Stop Time", RUMIA