• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Marvin L

Marvin L é un artista lucense que leva xa máis de dez anos na escena urbana galega. As súas orixes veñen marcadas polo rap clásico, mais na actualidade móvese entre o R&B, neo-soul e a electrónica, creando un estilo ecléctico e adaptable a todo tipo de escenarios. A súa última referencia editada e o EP "Marvin’s Room" (2019), publicado polo selo discográfico Fume Records, colectivo independente e autoxestionado de Lugo. Neste traballo, con producións musicais de Madrid (Soulkey) ou Santiago (Uve) pódese apreciar esa mestura de xéneros, desde cancións bailables ata slowjams e sons ambientais.

Nos directos, acompañado polo DJ LaSombradelHumo (Lugo) e a viguesa Shia Lahaine, Marvin converxe a enerxía dun live de hip-hop con seccións instrumentais tocadas ao vivo e baixadas a unhas atmosferas máis suaves.

Contratación

Martín Lazcano Vázquez
626 423 228
marvinlmusic55@gmail.com

Discografía

Marvin's Room

MARVIN L

2019, Fume Records

Rashida

MARVIN L

2017, Fume Records

Vídeos

Cualquier Día

MARVIN L, LASOMBRADELHUMO

The Corner

MARVIN L, UVE

Tal vez tamén che gusten