Lelli Kelly’s é unha banda do Morrazo (Galicia) que combina garage rock e punk contemporáneo cunha proposta de composición propia integramente en galego. Cun directo intenso, dinámico e sen filtros, a banda foi consolidando a súa presenza na escena galega a través de concertos por todo o territorio do país.A banda inicia unha nova etapa coa publicación de “Perdón”, o seu primeiro LP, composto por sete temas que marcan unha evolución artística e sonora, con influencias de bandas como The Hives, Viagra Boys e IDLES. O disco conta coas colaboracións de Anxo Lorenzo e Nuno, de Grande Amore.Paralelamente, Lelli Kelly’s presenta “Fálame sempre”, un EP de catro temas gravados en directo en estudio, que amosa a faceta máis directa e natural da banda. Neste rexistro contan coa colaboración de Pladür e Asintomáticas.Estes dous traballos foron editados en formato físico en outubro de 2026, nun vinilo de 12 pulgadas, sendo a Cara A “Perdón” e “Fálame Sempre” como Cara B.
Contratación
Kelly's ManagementTonho Nogueira, Berto Rodriguez +34 659 720 456 - +34 665 914 619 thelellikellys@gmail.com
